O día 13 de maio estivemos escoitando á escritora Rosalía Morlán falarnos de como escribira eses poemas tan bonitos que lemos onte na clase e que ilustramos tan ben do libro "Cotadiña lúa" e do outro poemario "Estrelas de azucre". Tamén nos recomendou, como ela fixo xa, escribir "O libro dos soños de ..." onde cada un, cada día irá escribindo esas cousas que soña, mesmo con vacas voando, porque nos soños, ao igual que nos libros, todo é posible.
Quedamos encantados coa voz e a música de Manoele de Felisa. Os dous ademáis de agasallarnos cos poemas e a música deixaron para nós uns libros adicados de Rosalía Morlán e uns discos de Manoele, ademais dunha moi bonita "galiña choca" á que temos que poñer nome.
Grazas mil aos dous
Grazas mil aos dous
No hay comentarios:
Publicar un comentario