Ramón Caride nas Nosas Letriñas
Estivo no centro Ramón Caride. O colexio quixo rendinlle unha homenaxe a un escritor vinculado ao noso pobo e ao noso centro dende hai moitos anos. Ramón xa estivera no centro en moitas ocasións, pois a súa filla maior, Uxía, foi alumna do colexio. Daquela, Ramón foi membro do Consello escolar do Magariños. Ramón Caride ten perto de 50 libros publicados en lingua galega, algúns deles traducidos a outros idiomas. Unha boa parte da súa obra está pensada nos nenos. Na clase lemos estes días uns anacos de "Perigo Vexetal" e tamén de "Catro amigos pillabáns". Ramón contounos moitas cousas que deron resposta á curiosidade dos nenos e nenas que non paraban de lle facer preguntas. Contounos que o seu soño era ser astronauta, que estudiou bioloxía, que nalgunhas obras a súa fonte de inspiración foron as súas fillas "O tareco de Sara" e noutros as historias que lle contaba a súa avoa "As andanzas de Xan Farrapeiro". Tamén escribiu para os seus alumnos "Historia dunha sobreira", cando tiveron que facer teatro, ou para seguir soñando... Recibiu moitos premios, pero un dos máis importantes na súa carreira foi o "Premio Blanco Amor", polo libro "Soños eléctricos". Grazas por visitarnos de novo Ramón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario