viernes, 23 de mayo de 2014

Visita ao Concello

O alumnado de 3º A e 3ºB visitou o día seis o Concello de Cambados. Alí recibiunos o noso alcalde, D. Luis Aragunde e estivemos no salón de Plenos. Explicounos moitas cousas interesantes sobre Cambados, algunhas delas xa as estudaramos na clase: cantas parroquias ten, cales son os monumentos máis importantes, cales son as principales actividades económicas ... E outras nos as coñecíamos e nos sorprenderon. Sabedes que Cambados é o principal productor de pemento de Padrón e de vieira ademais de albariño?  Sabedes que a praza de Fefiñáns é a segunda en importancia de Galicia despois da do Obradoiro? Sabedes que Cambados é a única vila que ten dúas depuradoras de augas residuais despois das cidades galegas? ...
O comportamento do alumnado foi exquisito e merecen todos unha sincera felicitación.
Ao remate da visita agasalláronos con dous libros que falan de Cambados. Un é da colección dos Bolechas: "A toleira de Chispa en Cambados" e o outro de Eduardo Bahamonde no que, este famoso pintor e mestre, nos presenta unhas acuarelas dos rincóns máis bonitos do noso pobo: "Cambados". 
Todo un luxo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario