viernes, 23 de mayo de 2014

Os nosos oficios: Constructor

O mércores estivo na clase co alumnado de 3º A e 3º B o avó de Laura Paz, don Manuel Cores, que nos contou  en que consistía o seu oficio como construtor. Falounos do seu oficio cando era pequeno: levaba moitos caldeiros cheos de masa, pesaban tanto que a veces non tiñan forza e había que levalos na cabeza cando subían as escaleiras. Contounos como se facía a masa: catro de area e unha de cemento. Amasaban coa pa! Daquela non había formigoneiras. Empezou a traballar con 14 anos. Terminou con 52 anos, porque estivo enfermo. Contounos como facían as casas: primeiro era a cementación, se non quedaba ben, logo a casa tiña gretas. Despois ían as placas. De seguido, as paredes de labrillo e por último o tellado e as escaleiras. Recomendounos non andar no teito cando estaba mollado, porque era máis perigoso que cando estaba seco. Quedou de vir outro día traernos, unha plomada, un nivel, un esparabel, unha pa e unha paletiña.

Grazas, don Manuel.
Redactores: Sarah, Román e Alba

No hay comentarios:

Publicar un comentario