Responsable do tempo
- Planifica o traballo e distribúeo entre os membros do grupo.
- Avisa, de vez en cando, do tempo que falta para rematar.
- Asegúrase de que todos van facendo o traballo proposto e non quedan atrás.
- Fomenta a participación. Asigna o turno de palabra, di a quen lle toca falar de cada vez.
- Controla o tempo que fala cada un e o tempo no que hai que facer o traballo previsto.
- Asegúrase de que todos opinan e de que todos escriben o que lles corresponde.
- No final da sesión informará se todos remataron as tarefas no tempo previsto.
Necesitará reloxio
Mensaxeiro/a:
§ Fala coa profesora: É o único do grupo con permiso para levantarse.
§ Escribe o que se acorda entre todos, lello oa grupo para asegurarse de que todo está ben.
§ Explica, resume o escrito en días anteriores, se é necesario.
§ Le os resultados, acordos, decisións. ... do grupo na posta en común coa clase.
§ Controla a ortografía e a corrección dos escritos. Necesitará diccionario.
§ No final da sesión informará se todos respectaron ao mensaxeiro ou se alguén falou coa profesora a destempo e sen consultar no grupo.
Encargado do material:
§ Ten que repartir o material que precisa o grupo e logo recollelo.
§ Na recollida: Ten que recoller as libretas xuntas e levalas ao seu lugar. Ten que recoller os libros xuntos e levalos ao seu lugar.
§ Ten que comprobar que nas mesas (e debaixo das mesas) queda todo recollido e no seu lugar.
§ Ten que comprobar que non quedan papeis no chan.
§ Ten que comprobar que, antes do recreo, cada neno deixa o libro de ler enriba da mesa.
§ Ten que conseguir que no seu grupo todos dispoñan do material necesario para traballar: lapis, goma, bolígrafo, diccionario ....
§ No final da sesión informará se todo o material está recollido e se todos tiveron o material necesario para traballar.
Encargado do silenzo:
§ Controla o ton de voz. (Os compoñentes do grupo teñen que falar baixiño).
§ Avisa aos membros do grupo, cun xesto, dos momentos de silenzo:
v cando a profesora levanta a man,
v no traballo individual (en 1,2,4);
v durante a lectura,
v no Plan Lector,
v cando a profesora explica ou os compañeiros expoñen.
§ No final da sesión informará se o grupo mantivo o silenzo debido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario