jueves, 29 de mayo de 2014

Os nosos oficios: mariñeiro, médico e hosteleira

Hoxe contamos con José, o avó de María para falarnos do seu oficio no mar, dende que pescaba sardiñas á pesca do bonito e ao traballo na sala de máquinas do barco. Logo o pai de Aitana,Alejandro,  falounos de diferentes tipos de casos que atende na súa consulta de médico ao longo do día. Finalmente, a nai de Paula, Inma, contounos un día de traballo como hosteleira a cargo dunha casa de Turismo Rural.
Grazas a todos, grazas a todas.







O meu pai, Alejandro
A meu pai sempre lle gustou moitiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiisimo a idea de facerse médico. Como estudiou moito desde pequeno, hoxe en día xa é médico. Meu avó tamén é médico. Papá di que, como lle gustaba moito o traballo do seu pai, el decidiu estudar o mesmo. Tamén dixo papá que de neno dabanlle asco as cousas de abrir a barriga, etc. Pero ao ser medico, de tanto velas, quedou acostumbrado a elas. Empezou a practicar co seu pai o oficio de ser médico. Fai anos, ser medico era moito mais duro. Porque antes os médicos, tiñan que ir ás casas dos enfermos para curalos e hoxe en día, hai centros de saúde, hospitais,etc.   Despois empezou a traballar el so polas tardes na sua consula e as mañás no parlamento de Galicia. Este traballo gustariame dedicarllo a miña amiga Laura, porque ela tamen quere ser medico. Espero que teña tanta sorte como meu pai.
                                                                                                         Escrito por Aitana



A MIÑA NAI É HOSTELEIRA: INMA:
A miña nai ten unha casa rural Casa Grande, en Cambados, onde se alquilan habitacións para a xente que queira durmir. Miña nai peparalles o almorzo a cea e limpa as habitacións cando os señores saen a pasear.
Nos vivimos na mesma casa e ceamos cos hóspedes. Hai máis xente no verán que no inverno. 
Escrito por Paula

No hay comentarios:

Publicar un comentario